"O bico da morte” de Jaume Barba (1930). Cemiterio do Leste (Poblenou, Barcelona). |
A túa caricia soñei,
dende que nacín che asubiei,
pero... amáchesme?
Fixéchesme ermitán.
Moves o teu alfil,
e o teu cariño de marfil
rendeu o rei, antano na man.
Cando xa non garde a miña lanza
apareces con belas perlas
eu agardaba con esperanza!
pero a túa visita atrasas,
que esperas da miña alma
que non descansa da pena,
cada noite dorme en cama
ulo o teu xélido aroma do xena.
busqueiche de mil maneiras
das que tolo, o meu corazón xea
pero o sabor das miñas condenas
manteñen fera a vela.
Incandescente a lúa
fría a herba,
o sol cada día unha cana
o vento atusa a súa barba,
E fálame con mirada serea
ante a miña sorpresa,
a que espero?, pregunta,
e o unico que teño
é tinta na miña vea.
Se mais non verei a túa mirada,
o meu reflexo no espello
de pulida a túa gadaña
vexo o meu despeito,
e unha rachada te deixo,
marco o teu papiro
que co meu sangue non me queixo,
e levaches a miña alma,
que o esperado foi axeitado
e o recordo do visto
non será esquecido.
SANTIAGO RICO MARTÍNEZ
4º ESA