19 de maio de 2014

Poemas de amor -

DÉIXAME ESMORECER, ALEIVOSO AMOR

Cruel es ti, amor,
razón da tristura que me asolaga,
seca, praga, peste, inmensa vaga
que me fas sufrir con grande  dor .

Chuvia, pranto, tortura,
terrible tormento
que me fas, en todo momento,
perder esperanza e cordura.

Fóra, larga de aquí!
Vaite deste reino,
e regresa xa ao teu inferno,
onde pervive a inocencia que perdín!

Non quero recordar máis, corazón,
a aquela muller impía
que no máis xélido día
sen remordementos me asasinou.

Non, amor, esquéceme, non quero sentir
A cálida sensación da primavera
Nin a inquietude da miña terrible espera,
Eu, só quero en paz... sucumbir

IÑAKI BECEIRO CILLERO, 3º A

Ilustrador: Mar Saez. Banco de Imaxes INTEF.
Só saber que non haberá máis
Só querer, é case nada
Agora podo velo claro xa
Que cun “Adeus” todo pode acabar

Pranto e bágoas
Sorriso e gargalladas
É co que poden concluír
Dúas olladas

 A conta para dous
1 ollada              1 pregunta
2 gargalladas      2 aneis
3 saídas               3...
4 beixos              Ti podes decidir
5 caricias             como seguir.


ALBERTO RODRÍGUEZ FUENTES, 3º A


Imaxe: Obradorio de Xornalismo. IES "Concepción Arenal"
Unha rosa ti me deches
Como proba do teu amor.
Que desdita! Pois coñezo
A curta vida dunha flor

GALA DACOSTA DIEHL, 4º C


Un beixo por un beixo,
Unha rosa por unha rosa,
O meu refuxio a túa caricia,
Espellismo da túa risa
Que me deixa tras a brisa.

ÁNXELA VÁZQUEZ DOPICO, 4º 

10 de mar. de 2014

Sonetos Tutti Frutti

SONETO A UNHA GOMA
Por sempre doce e sinalada amiga,
de mil e unha cores, contornas suaves,
curvas sensuais e roces agradables,
a goma por todos tan requirida.

Ás veces en anacos consumida:
Que gran pena! Quen causa tales males?
Que gran pena! A morte aos culpables!
Mirádea soa, triste e dorida.

Esa limpa e destacada presenza,
(pois é así a forma en que te lembro)
Como me afondo na miña tristeza.

Tan grande dor provoca a túa ausencia
que compoño este meu pobre soneto,
que chora e clamo a túa beleza.

Carlos Rodríguez e Fran Núñez (1º Bach. D)


Gran día o catorce de febreiro:
Comeza o tan esperado All Star.
Esperto toda a noite debes estar
se o que pretendes é velo enteiro.

Pizza, delicioso compañeiro,
perfecto para á boca o levar.
Partido entre estrelas, é o All Star.
Haberá triples contra o taboleiro?

Unha fin de semana impresionante,
podes estar totalmente seguro
de que non será decepcionante.

Vai ser un partido interesante
vai ser un espectáculo puro,
o All Star será alucinante.

Antón Deive García (1º Bach. E)

Cando a ondaxe murmura o teu nome,
non podo evitar xirarme e buscarte.
O meu corazón non pode perdoarte
co teu corpo rozando o dese home.

Mais o pracer pode dominarme,
por que tan rápido olvidácheste?
Miña morte, ao velo agóchaste,
o vento á miña tumba levarame.

Libérame, co único que che pido:
un bico que me deixe sen alento,
para que así poida vivir tranquilo.

Inquedo, ti causas o meu tormento.
Cun sorriso xamais visto, ferido;
as miñas bágoas levaraas o vento.

Sofía Loureiro e Paula García (1º Bach. D)

Noticias de deportes din que son,
e do fútbol é do único que falan,
do resto de deportes tan só calan.
Isto xa parece unha obsesión!

Deportes nos que España é campión,
a este “xogo rei” xamais os igualan,
en judo ou esgrima nunca recalcan,
mais seguir na sombra é a única opción.

Se temos mil ouros en deportes,
por que centrar a atención nun só?
E dos demais non pór nunca aportes?

Porque, aínda que haxa recortes,
estar discriminado non é bo:
Deporte menor, fala, non te cortes!

Tomás Mucientes, Carlos Fraga, Ágata Nodar (1º Bach. E)

“Represento a todo home namorado,
encandilado pola túa beleza,
a auténtica raíña da sutileza
dos teus sorrisos quedo prendado”.

Isto dicíalle eu con franqueza,
un derradeiro bico da amada.
Mentres esvaraban bágoas de tristeza,
ela fitoume e marchou apresurada.

Dous anos sen ela, sigo en Galicia.
Díxenlle “volve” e foise coas flores,
agora no outono, estraño a ledicia.

Deume a vida a min, máis outros amores.
Quéroa ao meu carón, agardo a noticia
de que volva coa primavera e as cores.

Carlota Davila, Javier Díaz e Andrea Durán (1º Bach. D)

Este frío inverno aínda non cesou
pois este frío invernal segue aquí.
A miña saia preguntoume por ti,
e a miña cama aínda non te olvidou.

Dende que te vin, non podo olvidar
como era ese sabor dos teus bicos,
que os teus beizos formando dous picos
son os únicos que eu quero bicar.

Non podo acostumarme á túa ausencia,
non me abotoes xamais a camisa,
pois olvidarte require paciencia.

Á noite afógome na túa risa,
porque eu  morro sen ti e a túa paciencia,
porque o teu alento é como unha brisa.

Raquel Barro e Pablo Aneiros (1º Bach. G)

O amor asemella unha gran estrela
que todos nós queremos alcanzar,
ás veces cego, sen poder brillar,
outras loce intenso como unha vela.

Florece tamén como unha rosa amarela,
pero tamén se pode murchar,
mais non se debe descoidar;
ten matices, cores, como acuarela.

É xeo abrasador e lume xeado,
unha ferida, doe, non se sente,
un pequeno descanso moi descansado.

Unha liberdade xa encarcerada,
que dura intensa ata que remata,
dá felicidade, deixa soidade.

Sofía González (1º Bach.)

26 de xan. de 2014

Haikus

Citas célebres, aforismos, proverbios, parábolas, adiviñas, epitafios, sentencias, receitas, greguerías… Nunca faltou na historia da cultura unha tradición de culto á brevidade. Pero nestes tempos (postmodernos, disque…) de urxencias e lixeirezas (SMS, tuits, graffitis, post-it…), imponse a velocidade e triunfan tanto os microrrelatos na narrativa como os haikús na poesía. Que moderno Risco, que hai case un século aconsellaba haikús a Manuel Antonio; que actual Castelao coas súas “cousas” e os seus "retrincos",  Dieste cos seus contos ou Cunqueiro coas súas semblanzas…

Que que é un haikú? Un haiku é unha forma poética breve de orixe xaponesa. Escríbense segundo a tradición milenaria, en tres versos de 5, 7 e 5 sílabas, respectivamente, sen rima. Cunha extrema condensanción lírica e unha aparente sinxeleza, tratan de provocar emocións no lector por medio da xustaposición de imaxes. 


Os alumnos de 1º  Bacharelato do noso centro metéronse a poetas e crearon uns deliciosos e suxestivos haikus que merecen ser coñecidos. O tema: a literatura. Aí van uns cantos:

Paz, tranquilidade,
portas ao infinito.
Sempre ledicia.                                                                              
Antía de Santiago

Letras, palabras,
Os sentimentos vivos,
Amores, arte.                  
Sofía González Soto

Eternamente,
máis bonita, máis bela
Literatura.                                        
Carmen Campos Diaz

Son do mar azul
Dez letras ata ela
Medo xunto a ti.                                           
Alejandro  Muñoz

Andeis,
grandes e máis pequenos
Tamén paixóns.                                             
Sabela Mato Gómez

Sensacións, perdas
Atopadas no papel
Con tinta e pluma.                                                        
Marcos García Carballeira

Literatura
Sentimento, paixón
Puro encanto.                                                 
Bruno Torres López
                              
Conto falado,
Conto sempre contado.
Literatura.                                                                        
Sheila López Graña

Habilidade,
Expresións, letras, arte,
Literatura.                                                                        
Abril Meizoso Lamas

Os sentimentos
son a beleza da arte.
Literatura.                                                        
Paula Soler

Literatura,
Unha expresión artística
Da mente aberta.                                                         
Marina García Canedo

Literatura,
Escribir co corazón,
Un sentimento.              
Borja Porto López

A arte de verte,
Escrita no meu papel,
Literatura.         
Raquel Barro Meilán

Letras en follas,
emocións nas palabras,
Horas de lecer.                                               
Tomás Mucientes Sisto

Noite, tormenta,
lume, dragóns, historias,
Imaxinación.                                                    
Antón Deive García

Sol, vida e mar
no medio da tormenta
Sen saír da casa.                                                            
Alicia Malde García

Ambientación,
Sacando sentimentos
No corazón.                                                                     
Jorge Herminda Méndez

Viaxe nas épocas
contos, mitos, poemas.
novas ideas.                                                                    
María García Díaz

Vida en sons,
comezo, camiño, meta,
a arte, a cor.                                                                    
Carlos

Imaxinacións
Das nosas experiencias,
Liberalismo.                                                                     
Andrea Durán Veiga

Sentirse libre.
Orixinalidade
e imaxinación.                                                
 Lucía López Coria

Esas historias.
As nosas expresións:
A liberdade.                                                                    
Yolanda Lage Beceiro

Grandes recordos,
as letras das cancións.
Belas palabras.                                                               

Roberto González