O día de San
Valentín é unha festividade de orixe cristiá que
se celebra anualmente o 14 de febreiro para conmemorar as supostas e nunca demostradas boas
obras realizadas polo bispo San Valentín de Roma (século III), quen, segundo a lenda, acabou decapitado
por casar soldados nos cárceres do imperio, feito prohibido polo emperador Claudio II, pois consideraba o casamento incompatible coa carreira de
armas. Eran tempos nos que o cristianismo estaba prohibido.
En realidade, a festividade
creouna a Igrexa Católica como contrapeso das romanas Lupercais,
festas pagás con orxías desenfreadas que celebraban o sexo e
a fecundidade.
A festividade de San Valentín -santo do que os historiadores non teñen constancia- borrouna do calendario eclesiástico a Igrexa Católica en 1969, nun intento
de Xoán XXIII de eliminar santos de orixe lendaria, se ben se seguiu
celebrando nalgunhas parroquias. Ortodoxos, anglicanos e luteranos tamén o
veneran.
En Europa, a celebración data de mediados do pasado século, estimulada para incentivar a compra de regalos. A responsable do éxito en España foi en concreto a cadea de grandes almacéns Galerías Preciados cunha intensa campaña publicitaria en 1948. Actualmente o San Valentín perdeu o valor relixioso e é unha festividade laica. Chámase tamén Día dos Namorados ou Día do Amor e da Amizade.
O alumnado do centro deixou frases e até versos con motivo desta celebración. Pódelos ler nos seguintes PDF (preme enriba e cando abra verás as páxinas dándolle cara abaixo):