19 de maio de 2014

Poemas de amor -

DÉIXAME ESMORECER, ALEIVOSO AMOR

Cruel es ti, amor,
razón da tristura que me asolaga,
seca, praga, peste, inmensa vaga
que me fas sufrir con grande  dor .

Chuvia, pranto, tortura,
terrible tormento
que me fas, en todo momento,
perder esperanza e cordura.

Fóra, larga de aquí!
Vaite deste reino,
e regresa xa ao teu inferno,
onde pervive a inocencia que perdín!

Non quero recordar máis, corazón,
a aquela muller impía
que no máis xélido día
sen remordementos me asasinou.

Non, amor, esquéceme, non quero sentir
A cálida sensación da primavera
Nin a inquietude da miña terrible espera,
Eu, só quero en paz... sucumbir

IÑAKI BECEIRO CILLERO, 3º A

Ilustrador: Mar Saez. Banco de Imaxes INTEF.
Só saber que non haberá máis
Só querer, é case nada
Agora podo velo claro xa
Que cun “Adeus” todo pode acabar

Pranto e bágoas
Sorriso e gargalladas
É co que poden concluír
Dúas olladas

 A conta para dous
1 ollada              1 pregunta
2 gargalladas      2 aneis
3 saídas               3...
4 beixos              Ti podes decidir
5 caricias             como seguir.


ALBERTO RODRÍGUEZ FUENTES, 3º A


Imaxe: Obradorio de Xornalismo. IES "Concepción Arenal"
Unha rosa ti me deches
Como proba do teu amor.
Que desdita! Pois coñezo
A curta vida dunha flor

GALA DACOSTA DIEHL, 4º C


Un beixo por un beixo,
Unha rosa por unha rosa,
O meu refuxio a túa caricia,
Espellismo da túa risa
Que me deixa tras a brisa.

ÁNXELA VÁZQUEZ DOPICO, 4º