10 de mar. de 2014

Sonetos Tutti Frutti

SONETO A UNHA GOMA
Por sempre doce e sinalada amiga,
de mil e unha cores, contornas suaves,
curvas sensuais e roces agradables,
a goma por todos tan requirida.

Ás veces en anacos consumida:
Que gran pena! Quen causa tales males?
Que gran pena! A morte aos culpables!
Mirádea soa, triste e dorida.

Esa limpa e destacada presenza,
(pois é así a forma en que te lembro)
Como me afondo na miña tristeza.

Tan grande dor provoca a túa ausencia
que compoño este meu pobre soneto,
que chora e clamo a túa beleza.

Carlos Rodríguez e Fran Núñez (1º Bach. D)


Gran día o catorce de febreiro:
Comeza o tan esperado All Star.
Esperto toda a noite debes estar
se o que pretendes é velo enteiro.

Pizza, delicioso compañeiro,
perfecto para á boca o levar.
Partido entre estrelas, é o All Star.
Haberá triples contra o taboleiro?

Unha fin de semana impresionante,
podes estar totalmente seguro
de que non será decepcionante.

Vai ser un partido interesante
vai ser un espectáculo puro,
o All Star será alucinante.

Antón Deive García (1º Bach. E)

Cando a ondaxe murmura o teu nome,
non podo evitar xirarme e buscarte.
O meu corazón non pode perdoarte
co teu corpo rozando o dese home.

Mais o pracer pode dominarme,
por que tan rápido olvidácheste?
Miña morte, ao velo agóchaste,
o vento á miña tumba levarame.

Libérame, co único que che pido:
un bico que me deixe sen alento,
para que así poida vivir tranquilo.

Inquedo, ti causas o meu tormento.
Cun sorriso xamais visto, ferido;
as miñas bágoas levaraas o vento.

Sofía Loureiro e Paula García (1º Bach. D)

Noticias de deportes din que son,
e do fútbol é do único que falan,
do resto de deportes tan só calan.
Isto xa parece unha obsesión!

Deportes nos que España é campión,
a este “xogo rei” xamais os igualan,
en judo ou esgrima nunca recalcan,
mais seguir na sombra é a única opción.

Se temos mil ouros en deportes,
por que centrar a atención nun só?
E dos demais non pór nunca aportes?

Porque, aínda que haxa recortes,
estar discriminado non é bo:
Deporte menor, fala, non te cortes!

Tomás Mucientes, Carlos Fraga, Ágata Nodar (1º Bach. E)

“Represento a todo home namorado,
encandilado pola túa beleza,
a auténtica raíña da sutileza
dos teus sorrisos quedo prendado”.

Isto dicíalle eu con franqueza,
un derradeiro bico da amada.
Mentres esvaraban bágoas de tristeza,
ela fitoume e marchou apresurada.

Dous anos sen ela, sigo en Galicia.
Díxenlle “volve” e foise coas flores,
agora no outono, estraño a ledicia.

Deume a vida a min, máis outros amores.
Quéroa ao meu carón, agardo a noticia
de que volva coa primavera e as cores.

Carlota Davila, Javier Díaz e Andrea Durán (1º Bach. D)

Este frío inverno aínda non cesou
pois este frío invernal segue aquí.
A miña saia preguntoume por ti,
e a miña cama aínda non te olvidou.

Dende que te vin, non podo olvidar
como era ese sabor dos teus bicos,
que os teus beizos formando dous picos
son os únicos que eu quero bicar.

Non podo acostumarme á túa ausencia,
non me abotoes xamais a camisa,
pois olvidarte require paciencia.

Á noite afógome na túa risa,
porque eu  morro sen ti e a túa paciencia,
porque o teu alento é como unha brisa.

Raquel Barro e Pablo Aneiros (1º Bach. G)

O amor asemella unha gran estrela
que todos nós queremos alcanzar,
ás veces cego, sen poder brillar,
outras loce intenso como unha vela.

Florece tamén como unha rosa amarela,
pero tamén se pode murchar,
mais non se debe descoidar;
ten matices, cores, como acuarela.

É xeo abrasador e lume xeado,
unha ferida, doe, non se sente,
un pequeno descanso moi descansado.

Unha liberdade xa encarcerada,
que dura intensa ata que remata,
dá felicidade, deixa soidade.

Sofía González (1º Bach.)