Citas
célebres, aforismos, proverbios, parábolas, adiviñas, epitafios, sentencias,
receitas, greguerías… Nunca faltou na historia da cultura unha tradición de culto á brevidade. Pero
nestes tempos (postmodernos, disque…) de urxencias e lixeirezas (SMS, tuits, graffitis, post-it…), imponse a
velocidade e triunfan tanto os microrrelatos na narrativa como os haikús na poesía. Que
moderno Risco, que hai case un século aconsellaba haikús a Manuel Antonio; que
actual Castelao coas súas “cousas” e os seus "retrincos", Dieste cos seus contos ou Cunqueiro coas súas
semblanzas…
Que que é un haikú? Un haiku é unha forma poética breve de orixe xaponesa. Escríbense segundo a tradición milenaria, en tres versos de 5, 7 e 5 sílabas, respectivamente, sen rima. Cunha extrema condensanción lírica e unha aparente sinxeleza, tratan de provocar emocións no lector por medio da xustaposición de imaxes.
Os alumnos de 1º Bacharelato
do noso centro metéronse a poetas e crearon uns deliciosos e suxestivos haikus que merecen ser
coñecidos. O tema: a literatura. Aí van uns cantos:
Os sentimentos vivos,
Amores, arte.
Sofía González Soto
Eternamente,
máis bonita, máis bela
Literatura.
Carmen Campos Diaz
Son do mar azul
Dez letras ata ela
Medo xunto a ti.
Alejandro Muñoz
Andeis,
grandes e máis pequenos
Tamén paixóns.
Sabela Mato Gómez
Sensacións, perdas
Atopadas no papel
Con tinta e pluma.
Marcos García Carballeira
Literatura
Sentimento, paixón
Puro encanto.
Bruno Torres López
Conto falado,
Conto sempre contado.
Literatura.
Sheila López Graña
Habilidade,
Expresións, letras, arte,
Literatura.
Abril Meizoso Lamas
Os sentimentos
son a beleza da arte.
Literatura.
Paula Soler
Literatura,
Unha expresión artística
Da mente aberta.
Marina García Canedo
Literatura,
Escribir co corazón,
Un sentimento.
Borja Porto López
A arte de verte,
Literatura.
Raquel Barro Meilán
Letras en follas,
emocións nas palabras,
Horas de lecer.
Tomás Mucientes Sisto
Noite, tormenta,
lume, dragóns, historias,
Imaxinación.
Antón Deive García
Sol, vida e mar
no medio da tormenta
Sen saír da casa.
Alicia Malde García
Ambientación,
Sacando sentimentos
No corazón.
Jorge Herminda Méndez
Viaxe nas épocas
contos, mitos, poemas.
novas ideas.
María García Díaz
Vida en sons,
comezo, camiño, meta,
a arte, a cor.
Carlos
Imaxinacións
Das nosas experiencias,
Liberalismo.
Andrea Durán Veiga
Sentirse
libre.
Orixinalidade
e imaxinación.
Lucía López Coria
Esas
historias.
As nosas
expresións:
A liberdade.
Yolanda Lage
Beceiro
Grandes
recordos,
as letras das
cancións.
Belas
palabras.
Roberto
González
Ningún comentario:
Publicar un comentario