![]() |
JULES-JOSEPH-LEFEBVRE: "Ninfa con campánulas glorias da mañá" |
dous vellos vales se apertan,
dan débil casa a unha ninfa,
princesiña cincenta.
Augas escuras dun río
narran a historia máis bela
dun cabaleiro, cabalo e
ninfa, fermosa doncela.
O decembro máis neboento,
do ano naquela senda,
morre xa vello o cabalo,
cae cabaleiro na pena.
Bágoas de sal xorden frías
percorren as súas meixelas,
ninfa na pena durmida,
recolle augas e esperta.
—Cabaleiro sen cabalo,
é vostede nesta terra
teño eu casa e abrigo
pra sorrirlle á natureza.
—Mais, fermosa criatura,
guíame na néboa espesa.
Son enteiro da túa vida,
dona nova, dona bela.
E así o levou a ninfa
perdéndose en negra brétema
ánimas viven no río,
xuntos viven nunha estrela,
cabaleiro sen ferraxe e
ninfa, lume dunha vela.
TANIA PERÉZ LÓPEZ
REBECA CALVO BARROS
1º Bach A
Ningún comentario:
Publicar un comentario