![]() |
Urbano Lugrís: "Paxaro das praias, lavandeira" (debuxo, 1950) |
e que preto o inverno está!
Estacas e mais Chanteiro
moito terán que agardar!
O vento, choiva e friaxe,
furiosa mar tornará,
mais, cansarase Neptuno
do seu tridente axitar.
Volverán mornas as rochas,
volverá alegre o areal,
con xentíos coñecidos,
con suaves caricias do mar,
con cálidos raios de Sol,
coa fresca brisa do mar
mexendo verdes árbores
pra ledicia do areal.
Diminutos arquitectos
no areal xogando están,
angazos, cubos... castelos
que chorarán ao marchar!
Fragatas e petroleiros
amodo han navegar
coma se medo tivesen
a estar fóra do lugar.
Volverei andar os sendeiros
volverei a campá tocar.
Baixarei as escaleiras
que unha vida cobraron xa.
LETICIA CARTELLE COBO
1º Bach B
Ningún comentario:
Publicar un comentario